tag:blogger.com,1999:blog-28192088948429411012024-03-05T06:51:58.908-08:00O ALUMNADO SUXIREFontem Albeihttp://www.blogger.com/profile/15906987861156803500noreply@blogger.comBlogger9125tag:blogger.com,1999:blog-2819208894842941101.post-48624701806970084972011-12-07T07:07:00.000-08:002011-12-07T07:12:46.334-08:00UNHA ESTRELA NO VENTO

Unha estrela no vento é a historia de Miguel Foz, un estudiante dun instituto vigués de bacharelato de dezasete anos. Comproba como o seu mundo derrúbase dun día para outro; farto do seu pai, da súa profesora de literatura, de toda a xente que o rodea, síntese que é diferente a todos. Recibe unha boa malleira, que o deixa eivado na casa durante días, mentres os seus colegas que frecuentan a sala de billar da cervexería Lagoa deciden vingarse por ela. Ábrese un enfrontamento entre dúas pandas que será moi diferente ó que todos eles agardan. Miguel Foz atopará no seu curmán Abel, que padece unha minusvalía física, e en Reina, unha moza xitana que vende rosas, o que é a solidariedade e o amor. Reina e Abel ensinaranlle a ver a vida dun xeito distinto.
Fontem Albeihttp://www.blogger.com/profile/15906987861156803500noreply@blogger.com11tag:blogger.com,1999:blog-2819208894842941101.post-19389498562126641402011-03-29T08:01:00.001-07:002011-03-29T08:04:43.585-07:00MORNIG STAR

Nun tempo dominado pola técnica, a velocidade e a eficacia, a beleza é un artificio. Para que algo sexa fermoso ten que ser extraordinario, raro, desmesurado, chamativo ou ferinte, para que non pase desapercibido, e para que fique ceibe da cadea do utilitarismo que inspira a tola productividade que define o noso mundo. Cecais por iso estamos perdendo a capacidade de achegarnos á beleza normal, sinxela, que convive con nós e cos nosos problemas, e que se resume nunha íntima sensación de pracidez. E por iso estamos tan abertos á recepción da fermosura incomprensible e sospeitosa, á que nos chega oficializada en experimentos ou exhibicións intectualizadas e rebuscadas, mentres poñemos en cuarentena todo aquilo que nos entra polos sentidos, sen censuras do cerebro, ata acougar sen enrugas no fondo da nosa alma.
Fontem Albeihttp://www.blogger.com/profile/15906987861156803500noreply@blogger.com8tag:blogger.com,1999:blog-2819208894842941101.post-35564024490208317552011-03-29T07:58:00.000-07:002011-03-29T08:01:26.796-07:00LÚAS DE NÁCARA O xardineiro Cosme traballa so as lúas de nácara, cando as sombras cobran luz e os amantes soñan con ser camelias e florecer mesmo no inverno. Henrique Bouzas, un emigrante retornado, acode a unha cita nos xardíns do sur para pagar a débeda que o seu avó mantiña cun dos seus familiares. Os refachos de néboa no camiño devolven o amor perdido á peregrina. Víctor, un xove escultor múdase ao Residencial Cero, unha novidosa urbanización de apartamentos sen fiestras nin portas que reúne soidades e constrúe un novo pensamento. Os médicos do servicio de urxencias diagnosticáronlle que o seu corazón fuxira do seu corpo?Fontem Albeihttp://www.blogger.com/profile/15906987861156803500noreply@blogger.com2tag:blogger.com,1999:blog-2819208894842941101.post-68438060008396653112011-03-29T07:50:00.000-07:002011-03-29T08:04:56.254-07:00A ESMORGA
A esmorga é a novela máis popular e lida de Eduardo Blanco Amor. Tivo que publicarse por vez primeira en Bos Aires ante a negativa da censura franquista a permitir que circulasen libremente as traxicómicas peripecias do Cibrán, o Bocas e o Milhomes nunha noite de bebedela polos arredores de Auria, a cidade literaria coa que Blanco Amor reelaborou desde a distancia o seu Ourense natal. A esmorga é unha novela na que alcanzan especial brillo as virtudes de Blanco Amor como escritor. A súa sorprendente potencia lingüística ponse neste relato ao servizo da narración duns feitos que desembocan en traxedia e que metaforizan un mundo sórdido e miserento do que non están exentos a imaxinación, a fantasía e o devezo dunha vida fermosa e mellor.
Fontem Albeihttp://www.blogger.com/profile/15906987861156803500noreply@blogger.com6tag:blogger.com,1999:blog-2819208894842941101.post-15118359984554401732011-03-10T04:29:00.000-08:002011-03-11T03:42:38.681-08:00OLLOS DE AUGA
Neste segundo trimestre, os de 3º lemos, OLLOS DE AUGA de Domingo Villar. Unha novela policial salferida de humor e con grandes doses de suspense. Na torre da illa de Toralla, en plena ría de Vigo, aparece o cadáver dun saxofonista. O asasinato, dunha crueldade e sangue frío inusitados, vai ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía que busca o seu lugar no mundo e que, ademais do seu traballo na comisaría, intervén nun consultorio radiofónico ao que os cidadáns se achegan coas queixas máis diversas. O seu axudante, Rafael Estévez, é un aragonés destinado na cidade, un elemento estraño en terra hostil cun carácter demasiado impetuoso para os seus novos veciños. O caso desenvolverase entre o ambiente cálido e nocturno dos clubs de jazz e a atmosfera tensa e afectada da alta burguesía viguesa.

Interésache saber algo máis?? Pois....anímate e lea!!! Se queres saber o que opinamos dela bótalle unha ollada ós nosos comentarios.Fontem Albeihttp://www.blogger.com/profile/15906987861156803500noreply@blogger.com15tag:blogger.com,1999:blog-2819208894842941101.post-55893412158611329562010-11-29T10:22:00.000-08:002010-11-29T10:24:10.119-08:00AIRE NEGRO

O libro que lemos neste primeiro trimestre, o alumnado de 3º foi, AIRE NEGRO de Agustín Fernández Paz. Trata do que lle acontece ao psiquiatra, o doutor Moldes, coa súa primeira paciente, Laura Novo. Tres anos despois de ocorridos os feitos, o doutor cóntanos esa experiencia. Imos coñecendo por el e mais pola voz narradora de Laura Novo a historia da aparición da Gran Besta, un ser monstruoso que habita nunha cova. Confírmase así a mitoloxía do lugar, que tan ben coñece un dos traballadores da casa de turismo rural na que se veu hospedar a protagonista. A vinganza pola intromisión nese territorio alleo tronza a nova vida que, coa tranquilidade do espazo idílico e a felicidade do reencontro cun vello amor, busca a noutrora xornalista crítica en Madrid.
Con elementos de novela psicolóxica e de misterio, esta historia de amor imposible é unha auténtica viaxe ao corazón das tebras que transcende as limitacións de idade nas que a sitúa a súa edición nunha colección xuvenil.

Fontem Albeihttp://www.blogger.com/profile/15906987861156803500noreply@blogger.com6tag:blogger.com,1999:blog-2819208894842941101.post-88360490557157623992010-11-26T02:36:00.000-08:002010-11-26T02:45:44.530-08:00AS COUSAS CLARAS

En vintecatro horas, a vida pode cambiar de rostro sen previo aviso. Pode pasar de parecer un lugar no que dá gusto estar, a converterse nunha paisaxe entoldada de ameazas e preocupacions. ¿Por qué Mon, o profesor máis popular do instituto, aparece inconsciente case morto, dun día para outro? Ninguén o pode explicar, e ninguén acredita na hipótese dun intento de suicidio. Coa axuda de Afonso, Marga será a encargada de empezar a tirar polo fío dunha historia na que a morte, a violencia, a falta de comunicación, a crueldade e a hipocresía só poden ser superadas con amor.As cousas claras de Xosé A. Neira Cruz mereceu o Premio Merlín de Literatura Infantil, fallado o pasado 24 de xuño de 2000 en Santiago de Compostela. O xurado de lectores apreciou nesta novela, de fasquía claramente xuvenil, unha grande axilidade no tratamento dun tema de actualidade, tanto no que atinxe á voz da narradora, en primeira persoa, como á construcción duns diálogos cheos de frescura e orixinalidade. As cousas claras, ambientada nun instituto de ensino secundario, reconstrúe a indagación que fan un mozo e unha moza sobre o conflicto no que se ve inmerso o seu profesor de literatura, sometido a unha inxusta campaña na súa contra polo tratamento que realiza da educación afectiva e sexual cos seus alumnos.

Fontem Albeihttp://www.blogger.com/profile/15906987861156803500noreply@blogger.com14tag:blogger.com,1999:blog-2819208894842941101.post-79221277968033138752010-11-26T02:30:00.000-08:002010-11-26T02:46:17.508-08:00

En Agosto do 36, Xosé Fernández Ferreiro aborda, con todo o dramatismo que comporta, o tema da guerra civil en Galicia, relatando, a partir dun feito real, o «paseo» do que foi víctima unha parella de mestres rurais nunha aldea da serra de Ourense nos primeiros días do alzamento militar.Coa súa mestría de magnífico narrador, Xosé Fernández Ferreiro conduce con gran axilidade o lector pola trama da novela, e mergúllao nunha atmosfera abafante, de crueza e tensión, na que as paixóns das persoas, con todas as súas vilezas, saen a flote nun contexto en que amor e odio se tocan. A trama váisenos desvelando a partir da concepción polifónica da estructura, que dosifica a intriga e participa desa concepción tan cinematográfica.da narrativa de Ferreiro.Agosto do 36 é unha pequena xoia que continúa vixente e vivísima unha década despois da súa publicación.
Fontem Albeihttp://www.blogger.com/profile/15906987861156803500noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-2819208894842941101.post-33518790640149168582010-11-25T07:55:00.001-08:002010-11-26T02:46:37.063-08:00GALVÁN EN SAOR

O señor Galván, príncipe das terras do norte, compañeiro de Artur nos reinos da Bretaña, viaxa máis alá da xeografía e do tempo e, como aquel Merlín de Cunqueiro, aparece entre nós, pois é acaso o destino de todos aqueles señores e cabaleiros do Graal e das antigas fazañas. Novela de humor e de amor, de aventuras e de tenrura, homenaxe ós antigos mesteres da narrativa cabaleiresca e medieval que o autor tan ben coñece, traductor de Dante 'A divina comedia' e de Petrarca 'Cancioneiro' entre outros textos. A palabra na súa medida xusta, o idioma en todo o seu frescor e galanura, a imaxe lírica ben medida para que non apague a historia senón que a potencie e enleve. Estas son as artes e as sabedurías de Darío Xohán Cabana.
Fontem Albeihttp://www.blogger.com/profile/15906987861156803500noreply@blogger.com2