martes, 29 de marzo de 2011

LÚAS DE NÁCARA

O xardineiro Cosme traballa so as lúas de nácara, cando as sombras cobran luz e os amantes soñan con ser camelias e florecer mesmo no inverno. Henrique Bouzas, un emigrante retornado, acode a unha cita nos xardíns do sur para pagar a débeda que o seu avó mantiña cun dos seus familiares. Os refachos de néboa no camiño devolven o amor perdido á peregrina. Víctor, un xove escultor múdase ao Residencial Cero, unha novidosa urbanización de apartamentos sen fiestras nin portas que reúne soidades e constrúe un novo pensamento. Os médicos do servicio de urxencias diagnosticáronlle que o seu corazón fuxira do seu corpo?

2 comentarios:

  1. Recomendo este libro ás persoas que lles gusten as historias das animas, de medo, tamén as persoas que non aprecian a vida que teñen, porque se tiveran que vivir nun lugar como o protagonista do relato Residencial Cero. Ademais recomendo este libro ás persoas que non lles guste ler moito porque é moi fácil de ler e é moi curto

    ResponderEliminar
  2. Este libro gustoume pola intriga. O relato que máis me chamou a atención foi o primeiro , no que conta a historia dunha muller embarazada que cambia de residencia, e nesta vive unha pantasma e o seu marido, que se converte no xardiñeiro,e xunto coa muller plantan unha camelia, ao final o home desaparece.

    ResponderEliminar