miércoles, 7 de diciembre de 2011

UNHA ESTRELA NO VENTO


Unha estrela no vento é a historia de Miguel Foz, un estudiante dun instituto vigués de bacharelato de dezasete anos. Comproba como o seu mundo derrúbase dun día para outro; farto do seu pai, da súa profesora de literatura, de toda a xente que o rodea, síntese que é diferente a todos. Recibe unha boa malleira, que o deixa eivado na casa durante días, mentres os seus colegas que frecuentan a sala de billar da cervexería Lagoa deciden vingarse por ela. Ábrese un enfrontamento entre dúas pandas que será moi diferente ó que todos eles agardan. Miguel Foz atopará no seu curmán Abel, que padece unha minusvalía física, e en Reina, unha moza xitana que vende rosas, o que é a solidariedade e o amor. Reina e Abel ensinaranlle a ver a vida dun xeito distinto.

11 comentarios:

  1. recomendo lelo porque é un libro moi entretido, que te engancha ata o final, e narra unha historia que lle pode suceder a calquera de nós

    ResponderEliminar
  2. A xente que lle gunten os libros que poderian ser reais ata certo punto que o lea

    ResponderEliminar
  3. Recomendo este libro porque feitos asi pasan na vida real.Loitas entre bandas ou simplemente algunha que outra ferida, accidentes que che arrebatan á persoa que ti más queres, a un curmán ou a tua propia vida, coñecer a xente nova...
    Este libro reflexa todo o que un adolescente pode pasar no seu día a día.

    ResponderEliminar
  4. Recomendo este libro porque é moi entretido e engancha dende o principio aínda que o fianl é triste tras a tráxica morte do curmán do protagonista.

    ResponderEliminar
  5. Recomendaría este libro por que é moi entretido e desde que o empezas a ler non podes deixar de devorar páxinas ademáis de ser moi realista e didaćtico!

    ResponderEliminar
  6. Eu recomendo este libro porque inclúe tanto elementos dramáticos, como acción e romanticismo.
    A lectura é moi entretida e fai que te sintas parte do grupo de Miguel, identificándote con algún dos personaxes.
    Ademais trata temas sociais como a discapacidade ou o racismo, algo que lle dá un toque moi persoal.
    A verdad é que a min gustoume moito.

    ResponderEliminar
  7. Recomendaria este libro porque é un libro que engancha desde a primeira páxina.Ademais é unha historia emocionante, e baixo o meu punto de vista está moi ben ambientado.

    ResponderEliminar
  8. Recomendo este libro a toda a xente porque ten moito lexico e tamen para aprender sobre as pelexas e o que ocorre nelas. Tamen se aprende moito sobre a literatura e a gheada que como Abel pronuncia varias palabras como: a ghaliña.

    ResponderEliminar
  9. Eu recomendaríao primeiro porque me gustou moito e despois porque reflicte a vida dun rapaz que se sente distinto e ao mesmo tempo está integrado no ambiente do seu redor. É interesante e ademais ten acción,amor,amizade... Ten todo o que precisa un libro para comezar a lelo.

    ResponderEliminar
  10. O persaxe que máis me gustou foi Abel, pola súa forma de entender ós demais e o que menos foi o Maqui xa que traizoou ós seus amigos e tirou a Abel por un barranco sen ter culpa ningunha. Con este libro aprendin que non se pode confiar en todas as persoas xa que algunhas poden chegar a traizoarte como é o caso do aqui.

    ResponderEliminar
  11. Recomendo este libro porque é entretido e conta unha fermosa historia sobre a unión da familia en tempos difíciles. Ensínanos que non debemos ser racistas e non xulgar ás persoas só cunha primeira impresión.

    ResponderEliminar