viernes, 26 de noviembre de 2010


En Agosto do 36, Xosé Fernández Ferreiro aborda, con todo o dramatismo que comporta, o tema da guerra civil en Galicia, relatando, a partir dun feito real, o «paseo» do que foi víctima unha parella de mestres rurais nunha aldea da serra de Ourense nos primeiros días do alzamento militar.Coa súa mestría de magnífico narrador, Xosé Fernández Ferreiro conduce con gran axilidade o lector pola trama da novela, e mergúllao nunha atmosfera abafante, de crueza e tensión, na que as paixóns das persoas, con todas as súas vilezas, saen a flote nun contexto en que amor e odio se tocan. A trama váisenos desvelando a partir da concepción polifónica da estructura, que dosifica a intriga e participa desa concepción tan cinematográfica.da narrativa de Ferreiro.Agosto do 36 é unha pequena xoia que continúa vixente e vivísima unha década despois da súa publicación.

1 comentario:

  1. Xosé Fernández Ferreiro, autor de Aosto do 36 trata de volver aos inicios da guerra civil na que os falanxistas xuran limpar España de comunistas.
    Introducíndose nas situacións vividas nesa época, ademais dos métodos empregados para esa "limpeza", a obra reflicte un caso concreto dos moitos que neses momentos ocorrían.

    A historia do libro plasma o profundo odio que sente un falanxista , Manuel o Garabís, cara a un mestre, Gregorio o Xirandón, enfrontados os dous en tempos pasados polo amor dunha muller, Sara.

    A cruel vinganza que leva a cabo Manuel vai máis alá do feito de que o mestre sexa comunista, así a verdadeira razón é o rancor que sente a nivel persoal contra Gregorio.

    A atrocidade toma forma de persoa no falanxista que se volve capaz de aldraxar, humillar e , por último, asasinar a muller da que estivera e aínda está namorado. E, de feito, ela, Sara (a mestra e muller de Gregorio) unha vítima inocente que paga inxustamente o desbordamento dos sentimentos máis infames levados da man polo orgullo e a vinganza que mostra a cara máis despiadada do ser humano.

    ResponderEliminar