jueves, 25 de noviembre de 2010

GALVÁN EN SAOR


O señor Galván, príncipe das terras do norte, compañeiro de Artur nos reinos da Bretaña, viaxa máis alá da xeografía e do tempo e, como aquel Merlín de Cunqueiro, aparece entre nós, pois é acaso o destino de todos aqueles señores e cabaleiros do Graal e das antigas fazañas. Novela de humor e de amor, de aventuras e de tenrura, homenaxe ós antigos mesteres da narrativa cabaleiresca e medieval que o autor tan ben coñece, traductor de Dante 'A divina comedia' e de Petrarca 'Cancioneiro' entre outros textos. A palabra na súa medida xusta, o idioma en todo o seu frescor e galanura, a imaxe lírica ben medida para que non apague a historia senón que a potencie e enleve. Estas son as artes e as sabedurías de Darío Xohán Cabana.

2 comentarios:

  1. Fonsatic dijo...
    Galván en Saor, é un libro que nos conta as fazañas dun cabaleiro e sobriño do Rei Artur, da Bretaña.
    Este cabaleiro chega ata Galicia, concretamente a Demonte, onde se hospeda na taberna de Inés, a anfitrioa de Galván durante a súa estadía nas nosas terras.
    A partir de aquí comezan unha serie de transformacións tanto no espazo como no tempo, pois o protagonista, cando sae polas mañas da taberna na súa moto, vive grandes aventuras propias dun cabaleiro medieval co seu respectivo cabalo na vila de Saor, afrontandose a poderosos adversarios.
    Estas batallas céntranse no Castelo de Mírez, no que reside unha dama chamada Silvania, que en realidade é unha tarberneira de Saor,e que está sitiado por sete irmáns que pretenden conquistalo.
    Rematadas esas aventuras, Galván recorre Galicia na procura do Santo Graal nestas terras.
    Un día, un home entrou na taberna de Inés, e Galván voltou con el a Gran Bretaña, como estaba previsto, para loitar xunto con Artur, e nesa batalla cae mortalmente ferido, pero a historia non remata aí.

    POR QUE O RECOMENDO?

    Recomendo este libro porque creo que é interesante e entretido, ó recrear as aventuras dun cabaleiro medieval, pero sobre todo porque situa a búsqueda do Santo Graal, o mesmo que aparece na Materia de Bretaña, en Galicia.

    22 de noviembre de 2010 11:19

    ResponderEliminar
  2. Dmagide dijo...
    Galván en Saor é un libro de aventuras que conta a viaxe do cabaleiro Galván ( sobriño do rei Artur) polo país de Saor. Tras dedicir abandoar por un tempo o seu país natal, a Bretaña, Galván chega a un lugar chamado Demonte onde se hospeda na taberna de dona Inés e Masito.
    No seu percorrido por Saor vive apaixoantes aventuras para protexer o Castelo de Mirez, propiedade da súa amada Silvaina. Pero Galván sabe que ten que regresar xunto de seu tío para loitar a carón del na batalla na que máis tarde morrería, como xa lle dixera Merlín.

    Recoméndoo sobre todo para a xente que lle gusten os contos de aventuras. Ademáis ten un ritmo moi dinámico que consegue que non poidas deixar de lelo. É moi sinxelo de ler polo que todo o mundo pode disfrutar del.

    22 de noviembre de 2010 19:08

    ResponderEliminar