martes, 29 de marzo de 2011

A ESMORGA

A esmorga é a novela máis popular e lida de Eduardo Blanco Amor. Tivo que publicarse por vez primeira en Bos Aires ante a negativa da censura franquista a permitir que circulasen libremente as traxicómicas peripecias do Cibrán, o Bocas e o Milhomes nunha noite de bebedela polos arredores de Auria, a cidade literaria coa que Blanco Amor reelaborou desde a distancia o seu Ourense natal. A esmorga é unha novela na que alcanzan especial brillo as virtudes de Blanco Amor como escritor. A súa sorprendente potencia lingüística ponse neste relato ao servizo da narración duns feitos que desembocan en traxedia e que metaforizan un mundo sórdido e miserento do que non están exentos a imaxinación, a fantasía e o devezo dunha vida fermosa e mellor.

6 comentarios:

  1. O que máis me chamou a atención da novela foi o uso da linguaxe,é difícil de ler,emprega castelanismos,hiperenxebrismos...Gustoume o comezo pero o remate non,é unha novela difícil de comprender.Eu recoméndoo á persoas de 12 anos en diante porque a xente mais nova resultalle moi difícil e non entenderían o seu contido

    ResponderEliminar
  2. Esta obra de Blanco Amor é unha moi entretida pois o seu argumento engánchate de tal maneira que queres seguir lendo para saber o que lles acontece ós esmorgantes e, sobre todo, o final é totalmente inesperado. Por iso animo a todos os alumnos a que o lean :D

    Iris

    ResponderEliminar
  3. O que máis me chamou á atención na novela de Eduardo Blanco Amor é a linguaxe empregada.
    Existe unha gran variedade lingüistica entre os que destacan hipergaleguismos , castelanismos ,arcaísmos, luxismos...todos eles forman esta historia. Tamén destacaría o tratamento do tema da homosexualidade, pois neses anos aínda non estaba ben visto.
    A comprensión deste libro en ocasións resulta difícil polo que eu recomendaríao para edades máis avanzadas.

    ALBA

    ResponderEliminar
  4. O libro de A Esmorga é un dos libros que menos me gustou dos que levamos lido ao longo do curso.
    Para min é unha novela cunha trama complicada de entender, posto que ata chegar ao capítulo 3, non puiden disfrutar de dita trama debido a que non a entendin. Cando comecei a entendelo foi chegando aos últimos capítulos cos derradeiros acontecementos co cal finalmente non me disgustou tanto.
    Recomendaría o libro a aqueles aos que lles gusta o tipo de historias nas que a trama son as esmorgas que anteriormente se celebraban e as consecuencias que ditas esmorgas descarriadas traían.

    ResponderEliminar
  5. O que máis me gustou é que fai un desenvolvemento cronoloxicamente mui ben organizada,e de fácil compresión,con relato cheo de aventuras que anima ó
    lector a continuar lendo ata rematalo

    ResponderEliminar
  6. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar