martes, 29 de marzo de 2011

MORNIG STAR


Nun tempo dominado pola técnica, a velocidade e a eficacia, a beleza é un artificio. Para que algo sexa fermoso ten que ser extraordinario, raro, desmesurado, chamativo ou ferinte, para que non pase desapercibido, e para que fique ceibe da cadea do utilitarismo que inspira a tola productividade que define o noso mundo. Cecais por iso estamos perdendo a capacidade de achegarnos á beleza normal, sinxela, que convive con nós e cos nosos problemas, e que se resume nunha íntima sensación de pracidez. E por iso estamos tan abertos á recepción da fermosura incomprensible e sospeitosa, á que nos chega oficializada en experimentos ou exhibicións intectualizadas e rebuscadas, mentres poñemos en cuarentena todo aquilo que nos entra polos sentidos, sen censuras do cerebro, ata acougar sen enrugas no fondo da nosa alma.

8 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. O libro de Mornig star gustoume porque relata moitas aventuras que lles suceden aos protagonistas, o que menos me gustou de este libro foi a violencia e o xeito de actuar que tiñan Lázaro e Tomás.

    Este libro recomendollelo ás persoas as que lles gusten este tipo de libros e que queiran pasar un agradable rato léndoo.

    ResponderEliminar
  3. A min gustoume o libro porque é interesante, entretido e algo misterioso.
    Eu recomendo leelo a toda a xente que queira pero máis ás persoas que lles guste a historia de Galicia,xa que está ambientada no S.XIX .

    ResponderEliminar
  4. o que maís me gustou do libro foi a intriga que supón que os agavelados sempre estaban moi preto de coller e asasinar os protagonistas pero nunca o conseguian . Animo á xente a lelo porque aínda que o comezo é aburrido cando aparecen as duas gavelas logra manter a intriga e obrigate a seguir lendo para averiguar o que sucede ao final.

    ResponderEliminar
  5. O que máis me gustou do libro foron os enfrentamentos entre Lourenzo e a gavela de Lazaro, xa que son moi intrigantes. Pero en xeral é un libro moi interesante e cun argumento bastante bo, polo que o recomendo a todos aqueles que lles gusten as novelas de aventuras.

    SANTIAGO ÁLVAREZ FERNÁNDEZ

    ResponderEliminar
  6. Eu recomendo este libro xa que me parece unha novela moi entretida e emocionante. Con ela aprendemos que as persoas poden cambiar e demóstranos que se realmente se quere unha cousa se pode conseguir.

    ResponderEliminar
  7. Morning Star é un libro bastante entretido, o que máis me gustou foi a loita desesperada do protagonista de non seguir o mesmo camiño ca o do seu pai, obxectivo que finalmente conseguiu.
    Ao longo das súas páxinas ofrécenos certa intriga por coñecer o que ocorrerá ao final.

    ResponderEliminar
  8. Eu recomemndo este libro porque me parece un libro moi misterioso e cargado de intriga que provoca no lector unha curiosidade por seguir lendo para coñecer que sucede no seguinte capítulo.

    ResponderEliminar