jueves, 10 de marzo de 2011

OLLOS DE AUGA

Neste segundo trimestre, os de 3º lemos, OLLOS DE AUGA de Domingo Villar. Unha novela policial salferida de humor e con grandes doses de suspense. Na torre da illa de Toralla, en plena ría de Vigo, aparece o cadáver dun saxofonista. O asasinato, dunha crueldade e sangue frío inusitados, vai ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía que busca o seu lugar no mundo e que, ademais do seu traballo na comisaría, intervén nun consultorio radiofónico ao que os cidadáns se achegan coas queixas máis diversas. O seu axudante, Rafael Estévez, é un aragonés destinado na cidade, un elemento estraño en terra hostil cun carácter demasiado impetuoso para os seus novos veciños. O caso desenvolverase entre o ambiente cálido e nocturno dos clubs de jazz e a atmosfera tensa e afectada da alta burguesía viguesa.
Interésache saber algo máis?? Pois....anímate e lea!!! Se queres saber o que opinamos dela bótalle unha ollada ós nosos comentarios.

15 comentarios:

  1. Este libro pareceume intrigante,non se sabe o que vai ocurrir ata o final;pero en resumo gustoume (María 3ºESO)

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. Esta novela pareceume moi interesante e entretida.
    O mellor é esa intriga de querer saber quen foi o que matou a Lois, ademais da sorpresa de que fose a muller do doutor e as súas razóns.
    Tamén me pareceu moi realista, algo que me encantou.
    (Elisa 3º ESO)

    ResponderEliminar
  4. Esta novela engancha e ten unha boa trama xa que o final é inesperado. Ten algunhas cousas graciosas e en xeral gustoume.

    ResponderEliminar
  5. Este libro gustoume moito xa que ten moito parecido coa realidade e mantente coa intriga do asasinato ata o final da historia.
    Eu recomendoo xa que é moi interesante. (SARA 3ESO)

    ResponderEliminar
  6. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  7. Esta novela é moi misteriosa. Gustoume porque mantén esa intriga ata o final e porque é moi fácil engancharse a ela. O que máis me gustou da novela é o final, xa que non ten un ritmo lento, todo o contrario que o principio, onde ao abundar as descricións o caso case non avanza.
    En definitiva, gustoume polo entretidas que son algunhas personaxes(sobretodo Rafael Estévez) e o misterio que ten enriba este libro, xa que nunca sospeitas quen en verdade é o asasino, senón que vas sospeitando doutras persoas que ó final non teñen nada que ver. Eu, por exemplo, sospeitei da señora da limpeza, de Iria Ledo e do Sr. Zuriaga, pero nunca da súa esposa.(JORGE 3ESO)

    ResponderEliminar
  8. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  9. Eu xulgo esta novela como unha gran historia. Contén intriga en cada páxina, entretenemento continuo, puntos concretos de diversión, ironías, etc. A min persoalmente encantoume dende o principio. O libro está xenial, sobre todo as seguintes personaxes:o inspector Caldas e Estévez. Viviana 3º ESO.

    ResponderEliminar
  10. Non é que poida dar unha gran opinión persoal xa que non puiden acabar de lelo,pero o que lin pareceume intrigante polos sucesos que acontecen nel.Foi unha pena que nun o acabara de ler porque parece un gran libro. (Artur 3º)

    ResponderEliminar
  11. Xulgo esta novela realmente boa.O comezo do libro non me gustou e pensei que ía a ser o típico relato aburrido,porque non me dixo nada o tema do saxofonista pero , despois enganchoume a lectura.Aínda así non me fixaria neste libro se non fose obrigatorio lelo. (Sheila 3ºESO)

    ResponderEliminar
  12. O libro en xeral gustoume. Os personaxes adáptanse moi ben ó personaxe que teñen que interpretar nesta novela; parecen de carne e óso e por exemplo Rafael Estévez e Leo Caldas están feitos un para o outro.

    Javi 3ª

    ResponderEliminar
  13. Pareceume unha novela interesante, entretida, xa que mantén a trama case ata o final. É divertida polo personaxe do inspector Rafa Estévez. Gustoume moito agás pola parte onde xanta Leo co seu pai, paréceme que un pouco aburrido e que non ten que ver co resto da trama. O inspector Leo Caldas é un pouco antipático ou moi tímido. O escritor narra tan ben os feitos que ata parecen, en certo punto, reais.
    (Nuria 3ºESO-A)

    ResponderEliminar
  14. Este libro gustoume porque ten o misterio de saber quen é realmente o verdadeiro asasino.Ata o final non dá pistas, porque a persoa que menos me imaxinaba,foi a asasina de Reigosa e Orestes.A min o personaxe que máis me gustou foi Leo Caldas,porque nunca se rendía para encontrar o verdadeiro asasino. (ANGELA)

    ResponderEliminar
  15. Esta novela foi unha das máis fermosas que lin,debido a súa intriga, xa que nunca sabes quen é o asasino, e cando che parece que o sabes resulta ser outro.Ademais paréceme dunha extension aceptable e moi adecuada para a nosa idade.Cabe destacar a intriga que lle aporta Domingo Villar.(victor)

    ResponderEliminar