lunes, 29 de noviembre de 2010

AIRE NEGRO


O libro que lemos neste primeiro trimestre, o alumnado de 3º foi, AIRE NEGRO de Agustín Fernández Paz. Trata do que lle acontece ao psiquiatra, o doutor Moldes, coa súa primeira paciente, Laura Novo. Tres anos despois de ocorridos os feitos, o doutor cóntanos esa experiencia. Imos coñecendo por el e mais pola voz narradora de Laura Novo a historia da aparición da Gran Besta, un ser monstruoso que habita nunha cova. Confírmase así a mitoloxía do lugar, que tan ben coñece un dos traballadores da casa de turismo rural na que se veu hospedar a protagonista. A vinganza pola intromisión nese territorio alleo tronza a nova vida que, coa tranquilidade do espazo idílico e a felicidade do reencontro cun vello amor, busca a noutrora xornalista crítica en Madrid.
Con elementos de novela psicolóxica e de misterio, esta historia de amor imposible é unha auténtica viaxe ao corazón das tebras que transcende as limitacións de idade nas que a sitúa a súa edición nunha colección xuvenil.


6 comentarios:

  1. O libro gustoume moito. A trama é moi entretida, con todo ese misterio e ese toque de medo que lle da a historia da entrada ao inferno, a Gran Besta e os feitos que fan que parezan reais, como as fotos nas que aparecen sombras estranas e o comportamento de Moncho con respecto a Laura.
    Ademais mestúrase cunha pequena historia de amor que aínda fai que o libro sexa máis interesante e fácil de ler.
    Elisa

    ResponderEliminar
  2. É unha obra moi interesante, chea de intriga e misterio cuns personaxes moi ben introducidos na obra e con algún toque de ciencia-ficción que lle dan un toque de intriga que axuda a que o lector se poida enganchar ó libro e non deixalo ata rematar a súa lectura. A min persoalmente este libro encantoume.

    ResponderEliminar
  3. A obra para o meu gusto é moi bo. Ten intriga, entusiasmo e un punto xa dende o principio que aporta as ganas de saber o que pasará despois. En resumo, en xeral, a forma de rematar é orixinal porque o esperado podería ser que todo se arranxase e quedasen todos felices.
    Gustoume moito. Xúlgoo interesante e con esa intriga que xa indiquei antes que me encantou.
    Viviana

    ResponderEliminar
  4. O libro está moi ben, ten intriga, misterio... pero a min non me gustou. Persoalmente eu nun escollería este libro xa que non entendín moitas partes da novela e non logrei seguir a lectura. Intentarei volver a lelo para ver se consigo que me guste.
    Sheila

    ResponderEliminar
  5. Pareceume un libro interesante, entretido e de fácil comprensión. É un libro de intriga, nunca sabes o que vai ocorrer ata o final.
    María

    ResponderEliminar
  6. Este libro a primeira vista pareceume moi malo, pero é todo o contrario é dicir è un excelente libro para rapaces e rapazas da nosa idade.Gustoume moito porque cando empezas a ler non podes parar, é moi intrigante, nunca sabes o que vai pasar.A parte que mas me gustou do libro foi a parte na que a narradora é Laura Novo xa que lle aporta mas viveza e emoción.
    En fin para mi foi un dos mellores libros que lin e calificarío como:
    divertido,intrigante,interesante etc....

    ResponderEliminar