viernes, 26 de noviembre de 2010

AS COUSAS CLARAS


En vintecatro horas, a vida pode cambiar de rostro sen previo aviso. Pode pasar de parecer un lugar no que dá gusto estar, a converterse nunha paisaxe entoldada de ameazas e preocupacions. ¿Por qué Mon, o profesor máis popular do instituto, aparece inconsciente case morto, dun día para outro? Ninguén o pode explicar, e ninguén acredita na hipótese dun intento de suicidio. Coa axuda de Afonso, Marga será a encargada de empezar a tirar polo fío dunha historia na que a morte, a violencia, a falta de comunicación, a crueldade e a hipocresía só poden ser superadas con amor.As cousas claras de Xosé A. Neira Cruz mereceu o Premio Merlín de Literatura Infantil, fallado o pasado 24 de xuño de 2000 en Santiago de Compostela. O xurado de lectores apreciou nesta novela, de fasquía claramente xuvenil, unha grande axilidade no tratamento dun tema de actualidade, tanto no que atinxe á voz da narradora, en primeira persoa, como á construcción duns diálogos cheos de frescura e orixinalidade. As cousas claras, ambientada nun instituto de ensino secundario, reconstrúe a indagación que fan un mozo e unha moza sobre o conflicto no que se ve inmerso o seu profesor de literatura, sometido a unha inxusta campaña na súa contra polo tratamento que realiza da educación afectiva e sexual cos seus alumnos.

14 comentarios:

  1. O que máis me gustou deste libro foi cando Marga e Afonso comezaron a investigar todos os acontecementos que isto trae.O que menos me gustou foi o principio xa non o entendin mio ben eu a nimo a todo o mundo a leer este libro xa que é moi divertido e fácil de ler.Pódese pasar un moi bo rato lendo.

    ResponderEliminar
  2. O que máis me gustou do libro foi o desenlace, cando todo se aclara e as cousas volven ao seu sitio; o que menos foi o maltrato ao que se vía sometido Elías Tallón, xa que é un feito que persoalmente non tolero, q porque iso non se lle debe facer a ninguén.
    Á quen non leu este libro, recomendaríalle que o fixese xa que amosa varios aspectos da vida cotiá e indícache que non debes nunca baixalos brazos, sempre hai que chegar ata o final.

    ResponderEliminar
  3. Gustoume mais cando empezaron a facer a investigacion e a que menos o principio do libro cando falaba de Marga e dos problemas coa nai.
    Para min e un libro de intriga moi bo.Animo a todos a que o lean.Son destes que cando empezas non paras

    ResponderEliminar
  4. Gustoume o tema pois e pouco tratado que a maioria da xente non comprende. Gustoume a idea de que haxa xente capaz de falar de sexo sen problemas e asi deberiamos ser todos.
    Gustoume tamen a investigacion por parte de Marga e Afonso e que ó final conseguen deter a un dos culpables.
    Poderiase dicir que non me gustou a actitute do resto da clase de Marga, que pensaba distinto dela, porque iso tamen nos pasa a nos.
    Recomendo totalmente este libro pois trata temas que deberian ser mais tratados e narra unha historia que te engancha con so ler un capitulo.
    Os personaxes son moi reais e vese que e unha historia a orde do dia que nos pode suceder a nós e a calquera.

    ResponderEliminar
  5. O que máis me gustou foi a forma en que Marga e Afonso sendo moi diferentes poideron deixar os seus rencores e diferencias para descubrir o que lle acontecia a Elias.
    recomendol porque Afonso e Marga viven unha experiencia moi bonita e intrigante que gusta moito de leer... Hai personaxes moi interesantes e divertidos é un libro con moita acción.

    ResponderEliminar
  6. Ó principio, cando comecei a lelo, non entendia moi ben o que quería dicir, parecíame aburrido que a narradora falase tanto da súa relación coa nai, e líao sen ganas.
    Despois empecei a entender os capítulos seguintes, gustábanme moito.Cando máis disfrutei, foi a partir de que chaman ó fontaneiro e empezan a desmantelalo todo.
    Este libro gustoume moito, recoméndollo a todos.Está moi ben e lévaste moitas sorpresas xa que non sabes o que vai a pasar.
    Empezas a lelo e non podes parar.

    ResponderEliminar
  7. O que máis me gustou deste libro foi a amizade que xurdiu entre Marga e Afonso así como a mellora da relación entre nai e filla.Pola contra o que menos me gustou foi o momento no que Edelmiro Tallón os sorprende na súa casa e os secuestra.
    Recomendo ler este libro a todos os adolescentes xa que é moi doado de ler e está moi relacionado co momento da vida no que vivimos e no que estamos a aprender cousas novas,entre elas,as primeiras relacións.
    Ademais ten o seu punto de intriga no momento no que Marga e Afonso tentan descubrir a verdade sobre Mon e Elías.

    ResponderEliminar
  8. O que máis me me gustou do libro é que é un libro curto e moi fácil de ler.
    É dos que máis me gusta por que é de intriga. Tamen me gusta que a xente libere os seus sentimentos. O que menos me gustou foi que ao primeiro se levaran mal Marga e a nai.
    Recomendo este libro as persoas liberais , as que lles gusten as historias de intriga e as que teñan as cousas claras.

    ResponderEliminar
  9. Gustoume como se desenvolve a historia ó longo do libro, esta intriga que anima a seguir lendo.
    Non me gustou o final do libro, causa de que Mon inda seguía no hospital inda que non queda moi claro  o que tiña a nai de Marga ( que enfermidade padecía).
    Recomendaría este libro por que desenvolve intriga e sobre todo por que e moi interesante.

    ResponderEliminar
  10. O que máis me gustou foi que o libro trataba de un tema relacionado coa nosa idade xa que os personaxes eran rapaces adolescentes e ke estan a pasar polo mesmo tempo da vida ca nós. O que menos me gustou foi que o tio de Elías maltratara ao seu sobriño

    ResponderEliminar
  11. A historia, en xeral, pareceume entretida. O que menos me gustou foi o feito de que uns nenos, como o eran Afonso e Marga, se puxeran a investigar algo que non debería estar ao seu alcance. É un libro emocionante e animaría a todo aquel que lle gustaran as historias de investigación e o risco. Ademais de que é fácil de ler, aparecen personaxes xoves e temas da actualidade, o que fai que sexa fácil introducirse na historia.

    ResponderEliminar
  12. O que máis me gustou foi os episodios nos que Marga e Afonso comezan a investigar o caso e a reconciliación de Marga e a súa nai.
    O que menos, cando Edelmiro tiña o seu sobriño encerrado e cando lle tende a trampa a Marga e Afonso .
    Recomendo este libro porque é entretido e fácil de ler. Tamén me gusta porque fai referencia a un tema realista como a pederastía e a pornografía infantil.

    ResponderEliminar
  13. O que máis me gustou deste libro foi o seu final, no que logo dese caos no que estaban implicados os personaxes principais se acabou con todos sans e salvo ( menos Mon ), e co secuestrador de Marga e Alfonso detido. Ainda que non me gustou que Mon non saíse do hospital antes de rematar esta historia.

    ResponderEliminar
  14. O que mais me gustou do libro foi as conversacions entre Marga e a súa amiga Cata a que ten unha gran graza.
    O que menos me gustou do libro foi o momento de tensión cando Marga e Afonso entraban na cova do lobo(a casa do tío de Elías Tallón)e él os pillaba dentro.
    Recoméndolles este libro ós rapaces e rapazas que vaian ó instituto,porque así fanse unha idea.É unha historia moi entretida e interesante.Ten moitos momentos de intriga.A protagonista é unha persoa moi particular.É moi divertido para leer.

    ResponderEliminar